lunes, 2 de diciembre de 2013

Polbo á feira

Polbo á feira

Hoxe imos a presentar o polbo á feira, o cal dividiremos en dous apartados (unha breve explicación de que é e a receita cos ingredientes e o procedemento), imos aló:

-Historia:

O polbo á feira é un dos platos máis populares da cultura galega. É coñecido por cocerse nunha olla de cobre e  ser cortado con texoiras sobre un plato de madeira, ao que se lle pon pementón (non todas as veces) e aceite de oliva. Soe comerse durante festas e feiras de Galicia (de aí o seu nome) e cando se serve se lle chama “tapa”.

-Receita:

-Ingredientes:

-1 polbo de 1,5 kg

-4 patacas medianas

-1 cebola

-Unhas follas de laurel

-Sal

-Sal en escamas

-Pementón

-Aceite de oliva

*Nota: Algúns destes ingredientes non son imprescindibles, como as patacas ou as follas de laurel, xa que so serven para adornar ou darlle máis sabor.

-Procedemento:

O primeiro que hai que facer é conxear ao polbo, xa que desta maneira conseguiremos que se rompan as fibras musculares e que o polbo quede máis duro no cociñado. Tras isto debemos sacalo da neveira 24 horas antes de cociñalo para que se desconxée. Agora hai que fervelo en auga fervente na que podemos poñer follas de laurel e unha cebola.

Tras iso hai que deixalo cocer sobre uns 30 minutos.

O segunte paso é sacalo da auga fervente e deixalo enfriar para logo cortar as patas en trozos. Tamén cortamos a cabeza. Despois, podemos poñer a cocer unhas patacas para acompañar ao polbo cando se vaia a comer.

Por último servimos os trozos do polbo nun plato de madeira coas patacas debaixo (se as hai) e botámoslle o pementón, o aceite de oliva e a sal en escamas (se queremos). E logo hai que darlle un bo bocado para probalo.